Faro Rivas

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de Inmunoloxía

Información de contacto

+34 986 812 625
jfaro@uvigo.es

Breve CV

Doutorouse en Bioloxía cun traballo sobre a resposta inmune murina aos meningococos (Universidade de Santiago de Compostela). Realizou o posdoutoramento na Universidade de Estocolmo (Suecia), no Instituto Pasteur (París, Francia), na Universidade de Jussieu-Paris VI (Francia) e na Universidad de Salamanca. Foi profesor Asociado e Profesor Axudante na Universidad de Salamanca e Investigador Principal no Instituto Gulbenkian de Ciência (Oeiras, Portugal). En xaneiro de 2005 uniuse ao grupo de Inmunoloxía na Universidade de Vigo cunha bolsa-contrato Isidro Parga-Pondal da Xunta de Galicia. É Profesor Contratado Doutor de Inmunoloxía na Universidade de Vigo desde 2009 ata a actualidade. Cunha ampla experiencia en inmunoloxía experimental, comezou na inmunoloxía matemática na busca dun entendemento teórico-cuantitativo dos principais procesos inmunitarios.

Titorías

 

2º cuadrimestre

Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.